O Villalonga asegura o título á conta dun Marcón que se mete en problemas (3-1)
Por Redacción
Terá que sufrir o Marcón Atlético ata a última xornada de liga para asegurar unha permanencia que parecía encarrilada hai unhas semanas.
O cadro pontevedrés perdeu de maneira clara no campo do xa campión da categoría, o Villalonga (3-1), e colócase con só dous puntos de vantaxe sobre o Lalín, cuarto pola cola e que se vería afectado por un arrastre nos descensos.
O Villalonga dominou con claridade o duelo no que supuxo unha nova celebración do ascenso, ante os seus afeccionados, e de paso logrou asegurar de maneira matemática o título ligueiro.
Pablo Porta fixo o primeiro á media hora de xogo. Tentou entón reaccionar o Marcón, que tras o descanso puido igualar ata que en dous minutos fatídicos viu como se lles escapaban os puntos.
Javi Pazos de penalti e Saúl, nos minutos 61 e 63, sentenciaban un partido que só maquillaron os pontevedreses no desconto cun tanto de Dani Adán.
Consulta aquí o acta do partido.
Relacionadas:
-
O Villalonga asegura a continuidade do bloque no seu retorno a Terceira División
Por Redacción |
-
O Marcón cae na casa (0-1) contra o Arenteiro e complícase aínda máis a permanencia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
O Céltiga achégase ao ascenso, o Portonovo respira e o Unión Grove roza a permanencia
Por Redacción |
-
O Marcón salva un importante punto ante o Sanxenxo no último minuto (1-1)
Por Redacción |
-
O Villalonga retorna á Terceira División
Por Redacción |