O Villalonga retorna á Terceira División
Por Redacción
Foi o gran dominador da tempada no Grupo Sur de Preferente e, a falta de catro xornadas, converteuse en novo equipo de Terceira División.
O Villalonga cumpriu no seu compromiso do sábado a domicilio ante o Ourense CF (0-3). Fíxoo con relativa comodidade nun encontro que encarrilou na primeira metade cos goles de Bisti e Manu Santos. Javi Pazos sentenciou no segundo acto, deixando ao seu equipo a un paso do ascenso matemático. A segunda parte da ecuación cumpriuna o que chegaba como terceiro clasificado, o Porriño Industrial, ao perder en Mondariz, asegurando o salto de categoría dos celestes.
Soña con seguir o camiño dos celestes un Céltiga que deberá pelexar ata a última xornada. Segue segundo, pero xa con só un punto de vantaxe tras a súa derrota (0-3) no Salvador Otero ante o Valladares, nun choque máis igualado do que reflicte o marcador final.
Encarnizada será tamén a loita por escapar do descenso nos posibles arrastres. Nesas anda por exemplo o Portonovo, décimo sexto con 41 puntos tras verse sorprendido en casa polo Monterrey (2-3). Os arlequinados encarrilaron o encontro na primeira media hora, con goles de Melchor e Roberto Otero, pero os visitantes aproveitaron a relaxación local para remontar nos últimos 20 minutos de partido.
Tampouco están a salvo o Unión Grove, décimo cuarto con 43 puntos e que non pasou do empate sen goles ante o Arenteiro, e Sanxenxo e Marcón, que ocupan os postos 12 e 13 tras o seu empate (1-1) no Carrasco.
Relacionadas:
-
O Villalonga asegura a continuidade do bloque no seu retorno a Terceira División
Por Redacción |
-
O Céltiga achégase ao ascenso, o Portonovo respira e o Unión Grove roza a permanencia
Por Redacción |
-
O Villalonga asegura o título á conta dun Marcón que se mete en problemas (3-1)
Por Redacción |
-
O Marcón salva un importante punto ante o Sanxenxo no último minuto (1-1)
Por Redacción |
-
O Unión Grove sorprende ao Villalonga e o Céltiga cae en Porriño
Por Redacción |