José Luis Míguez 'Luisito', renovado como adestrador do Pontevedra, visitou este luns La Trastienda, o programa deportivo de PontevedraViva Radio, para facer balance da tempada recentemente finalizada e falar de obxectivos de cara o próximo ano, na que os granates celebran o seu 75 aniversario e tentarán pelexar polas prazas de play-off de ascenso a Segunda División.
Para o técnico de Teo, o Pontevedra fixo unha tempada "tremenda" no seu regreso a Segunda B, un mérito que achacou principalmente aos futbolistas. "Estuvimos casi toda la temporada entre los mejores", lembra, a pesar de non contar cun dos maiores presupostos da categoría. "Con el dinero que paga el Celta B a un futbolista, nosotros firmamos a cinco o seis", explicou Luisito na súa entrevista.
Iso si, ten claro que "hará falta un tiempo para volver a ser un Pontevedra grande", algo que o técnico cre que se conseguirá con Lupe Murillo como presidenta, da que lembrou que antes de que ela se fixera cargo do club "la gente estaba hasta ocho meses sin cobrar". A ela pídelle, sobre todo, solucionar o problema dos campos de adestramento. Este ano, dixo, de 200 sesións só 20 foron en Pasarón "y eso no hay equipo que lo aguante".
Baixas, posibles altas e renovacións, empezando pola súa, tamén foron analizadas na entrevista con Ramiro Espiño. O técnico recoñeceu que tivo dúas ofertas para marcharse "que no escondí", para adestrar a un equipo de Segunda División ou marcharse ao estranxeiro onde "me daban una burrada de dinero". Rexeitounas por motivos familiares e, a partir de aí, "para entrenar en Galicia, mejor que en Pontevedra no estoy".
As de Pedro García e Anxo foron, recoñece, as baixas que máis doeron ao técnico pontevedrés."Me partieron el alma porque tuvieron un comportamiento ejemplar", sinalou. Tamén a de Pablo ao que, asegura, "no soy capaz de quitarle más rendimiento"; mentres que a saída de Ramón Verdú foi unha decisión persoal do técnico. "Es unha decisión deportiva", aclarou.
Con respecto a Campillo, unha das saídas que máis sorprendeu á afección, Luisito explicou que "yo tenía muy claro con quien me iba a quedar y con quien no y Campillo estaba entre ellos". O club fíxolle unha oferta de renovación á que tiña que contestar no prazo dunha semana e, segundo o técnico, "dijo que iba a pedir más dinero". O Pontevedra negouse e ao non aceptar o xogador "me dijeron que buscara otro central". A súa saída xa é "definitiva".
Da lista de trece xogadores que Luisito deu ao club para ofrecerlles a renovación, aceptaron seguir Capi, Edu Sousa, Jacobo, Adrián Gómez, Álex Fernández e Adrián Mouriño. Espérase que outros sigan os seus pasos nos próximos días, aínda que Luisito teme que Kevin Presa non será un deles. "Va a ser difícil que esté, por mí ojalá", afirma, ante as ofertas que recibiu doutros equipos.
Para as fichaxes, o técnico avanza que o club busca como mínimo un porteiro, dous centrais, un ou dous mediocentros, dependendo da decisión final de Kevin Presa, e un dianteiro. Luisito destaca que quere xogadores con experiencia e que acheguen centímetros ao equipo "porque este año sufrimos mucho a balón parado".