Satisfacción na Escola Hungaresa polos últimos resultados de Álex Laso e Natalia Fernández
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Escola Hungaresa presume de resultados tras unha fin de semana cargada de competicións para os seus tiradores que se saldou con resultados positivos para o club de esgrima pontevedrés.
Natalia Fernández participou no Campionato de España Junior celebrado na localidade madrileña de San Lorenzo del Escorial, onde asinou unha meritoria oitava praza.
No torneo, que reunía ás 28 mellores tiradoras do ránking nacional de sabre, Natalia protagonizou unha fase de grupos impecable, accedendo aos cruces na segunda posición e quedando exenta da primeira eliminatoria. Con todo, na rolda das oito mellores e tentando entrar na loita polas medallas, a deportista da Escola Hungaresa cedeu ante a catalá Anna Escoda por un apertado 15-13.
Outro dos puntos de atención foi o XXIII Campionato de España Militar, celebrado en Valladolid, onde Álex Laso proclamouse vencedor na categoría de sabre.
Completou a nómina de campionatos para o club pontevedrés o V Torneo de Esgrima Antiga Cidade de Narón, onde Carlos Torres impúxose na modalidade de espada ropera e Luís Otero quedou ás portas do podio ao ser cuarto en espada de man e media.