![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/e7f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/5721f406a7-52df880e-4ac4-4b7b-ad7b-dda1d6d36d87.jpg)
© Escola Hungaresa de Esgrima
Notables resultados da Escola Hungaresa no Trofeo Internacional Sant Jordi
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Trofeo Internacional San Jordi de Esgrima reuniu en Barcelona a unha notable representación da Escola Hungaresa de Pontevedra, logrando ademais destacados resultados.
O torneo dividíase nunha proba do Circuíto Europeo de Sabre M-14 e outro de Ránking Nacional de Sabre M-15, clasificatorio para o Campionato de España. En ambos participaron deportistas de Francia, Bulgaria, Alxeria e Portugal que elevaron o nivel competitivo.
No primeiro deles Pablo González finalizou nunha meritoria seita praza, e os seus compañeiros Boris Bunimov e Alberto Campelo foron décimo sexto e décimo sétimo respectivamente.
Mellor foron as cousas no Torneo de Ránking Nacional, no que tamén participou Andrés Boullosa logrando subir ao podio na segunda posición. O pontevedrés plantouse na final tras un sobresaliente torneo e xogouse o título con Alonso Santamaría, do Club de Esgrima Barajas. O asalto chegou ao descanso con vantaxe do madrileño por 8 tocados a 7, pero na continuación Boullosa cedeu por 15 a 8. A pesar da derrota, este resultado deixa ao tirador da Escola Hungaresa no número 2 do ránking nacional M-15.
Na mesma competición, Pablo González finalizou décimo, mentres Bunimov ocupou a posición 33 e Campelo a 39 na clasificación xeral final.
En canto ao ránking por equipos, a Escola Hungaresa ascende ata a terceira praza do ránking antes do Campionato de España.
PABLO MORENO, NO CAMPIONATO DO MUNDO POR EQUIPOS
Tamén competiu estes días Pablo Moreno, membro do equipo nacional absoluto, participando no Campionato do Mundo por equipos celebrado en Río de Janeiro. O combinado español finalizou na décima praza tras perder contra Hungría e vencer posteriormente a Francia e Gran Bretaña.
Relacionadas:
-
Medalla de bronce para Pablo Moreno no Campionato de España de Esgrima
Por Redacción |
-
Lucas Campos e Pilar Garnelo, campións do Criterium Nacional de esgrima
Por Redacción |
-
Satisfacción na Escola Hungaresa polos últimos resultados de Álex Laso e Natalia Fernández
Por Redacción |
-
Pablo Moreno sobe postos no ránking mundial de sabre tras o seu bo papel no Grand Prix USA
Por Redacción |