Prometedora estrea de tempada para o equipo de sabre da Escola Hungaresa
Por Redacción
O equipo de sabre de categoría M-15 da Escola Hungaresa de Esgrima comezou con bo pé a tempada.
Así o confirmaron os deportistas pontevedreses no primeiro Torneo Nacional de Sabre, disputado o pasado domingo en Madrid.
Alí o máximo expoñente da Escola Hungaresa foi Andrés Boullosa, ao finalizar nunha quinta posición que permite soñar no podio ao longo da tempada.
Boullosa finalizou a fase previa con pleno de vitorias e avanzou con paso firme ata a final de oito tiradores, na que perdeu ante o número un do ránking nacional, Alonso Santamaría (Club Esgrima Barajas), nun asalto igualado que se decidiu por pequenos detalles en favor do madrileño por 15 a 12.
Tamén competiron en Madrid Alberto Campelo e Pablo González. O primeiro deles finalizou no posto 27 tras caer no cadro de 32 tiradores contra Javier González (Club Esgrima Barajas) por 15-0, mentres González perdeu na mesma rolda ante o seu compañeiro Andrés Boullosa (15-12), acabando no posto 29.
Relacionadas:
-
Satisfacción na Escola Hungaresa polos últimos resultados de Álex Laso e Natalia Fernández
Por Redacción |
-
Pablo Moreno sobe postos no ránking mundial de sabre tras o seu bo papel no Grand Prix USA
Por Redacción |
-
Primeiros puntos da tempada para Pablo Moreno na Copa do Mundo de Sabre
Por Redacción |
-
A esgrima galega ponse a punto antes de iniciar unha importante tempada
Por Redacción |