Pontevedra, premiada na Gala Nacional da Federación Española de Taekwondo
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, recibiu este venres en Madrid o recoñecemento ao Concello de Pontevedra por parte da Federación Española de Taekwondo na súa Gala de Premios Nacionais.
En concreto, a Federación outorgou a Pontevedra o premio á dirección xeral de deportes ou organismo oficial que máis colaborou co taekwondo durante 2015, nun ano no que a cidade de Lérez foi sede do Open de España.
"É un novo premio que constata a aposta que fai Pontevedra polo deporte, neste caso do deporte de competición e elite", sinalou o rexedor da capital.
Os Gala Premios Nacionais de Taekwondo celebrouse no Salón Goyneche do Comité Olímpico Español, e na mesma foron recoñecidos tamén representantes da Federación Galega como a xuíza María Bautista, Noelia Pérez, directora técnica da Federación, ou o ribeirense Alejandro Vidal como mellor deportista de combate na categoría de paratekwondo.
Relacionadas:
-
Holanda, parada para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción |
-
Medallas para Katya Calvar, Jessica Blanco, Iván García e Lúa Piñeiro no Nacional de Taekwondo
Por Redacción |
-
Notable papel do Taekanart no autonómico cadete
Por Redacción |
-
Gran papel do Mace Sport no Campionato de España de Taekwondo por clubs
Por Redacción |
-
O taekwondo galego prepárase en Monte Porreiro
Por Redacción |