Medallas para Katya Calvar, Jessica Blanco, Iván García e Lúa Piñeiro no Campionato de España de Taekwondo
Por Redacción
A selección galega de taekwondo pechou a súa participación no Campionato de España Senior de Combate, celebrado a fin de semana en Leganñes, cun total de dez medallas.
Entre elas destacan dous de ouro, como a lograda pola marinense Katya Calvar (Mat's) en -67 quilos. A deportista do Mat's de Marín impúxose no punto de ouro dunha trepidante final ante a madrileña Cecilia Castro, quen eliminara nas semifinais á caldense Lúa Piñeiro, bronce.
O outro ouro foi para a coruñesa Sara García en -57 quilos ao gañar na final á pontevedresa Jessica Blanco (Mace Sport) por un axustado 6-5 na que era a súa primeira participación nun Campionato de España Absoluto.
Completou a nómina de medallistas da comarca o marinense Iván García (Mat's) cunha medalla de prata na categoría de -87 quilos, tras perder na final co valenciano Daniel Ros (5-0).
En canto á selección galega, tamén lograron metal José Fernández (prata), Fernando Rascado (prata), Sabela López (prata), Alberto Verea (bronce) e José Real (bronce). Ademais nas clasificacións por equipos Galicia foi segunda en categoría feminina e terceira na masculina e na xeral.
Relacionadas:
-
Lua Piñeiro e Fernando Rascado ensinarán taekwondo en Cuntis
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Uxía Ogea soben ao podio no Open de Bélxica de taekwondo
Por Redacción |
-
Destacada actuación do taekwondo pontevedrés no Open de Holanda
Por Redacción |
-
Holanda, parada para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción |
-
Pontevedra, premiada na Gala Nacional da Federación Española de Taekwondo
Por Redacción |
-
Notable papel do Taekanart no autonómico cadete
Por Redacción |