Non crea perigo o Poio Pescamar na súa visita ao Jimbee Roldán (1-0)
Por Redacción
Segue a xeira negativa do Poio Pescamar a domicilio. Nesta ocasión un solitario gol do Jimbee Roldán foi suficiente para dar a vitoria ás murcianas, ante o desacerto atacante do conxunto galego, cuxo primeiro disparo a porta en todo o partido chegaba ben avanzada a segunda parte, e que apenas creou perigo.
O encontro empezou con dominio do Jimbee Roldán ante un Poio Pescamar que optaba por defenderse en metade de pista das acometidas locais. O bo facer baixo paus de Yolanda conseguía manter vivas as esperanzas do conxunto pontevedrés nun período que non tería goles.
Na segunda parte mantíñase o mesmo esquema inicial con maior dominio da escuadra murciana, que non tiña premio en forma de gol, ata que aos 28 minutos Mayte Mateo no segundo pau, despois dunha gran xogada individual de Miriam, conseguía facer o que sería único tanto do partido.
Só ao verse por baixo no marcador reaccionou timidamente o Poio, que subiu a súa liña de presión, pero nin así conseguiu crear ocasións de serio perigo.
A menos de catro minutos para o final do partido, Jorge Basanta optou por ordenar o xogo de cinco, pero a porteira local, Espe, evitou o empate a falta de 15 segundos na mellor e practicamente única ocasión de marcar do equipo galego.
JIMBEE ROLDÁN (1): Espe; Consuelo, Anita París, Marta Peñalver, Mayte Mateo -cinco inicial-, Cristina, Miriam, Inma Sojo, Alba e Claudia.
POIO PESCAMAR (0): Yolanda; Irene, Sara, Elena, Jessi -cinco inicial-, Yarie (p.s.), Jenny, Charo, Claudia, Nerea e Ale.
Árbitros: David Lax e Ramón Martínez (Murcia). Amoestaron a Charo e Nerea no Poio Pescamar.
Goles: (1-0) Minuto 28: Mayte Mateo.
Incidencias: Pavillón Municipal Gabriel Pérez (Roldán-Murcia). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
Punto con sabor a vitoria para o Poio Pescamar na súa visita ao Valdetires (3-3)
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para Poio Pescamar á conta do Móstoles FSF (4-1)
Por Redacción |
-
Un final de ano repleto de partidos para o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O líder non dá opción ao Poio Pescamar (0-4)
Por Redacción |
-
Dura proba para o Poio Pescamar coa visita do líder na volta á competición
Por Redacción |
-
Paula desvincúlase do Poio Pescamar
Por Redacción |