Paula desvincúlase do Poio Pescamar
Por Redacción
O Poio Fútbol sala anunciou a baixa dunha das súas xogadoras, Paula García Blanco, que chegou a un acordo coa entidade para abandonar o equipo de Primeira División.
A canteirá rojilla, na súa primeira tempada na elite, non estaba a contar coas oportunidades que esperaba, tras dar o salto desde o equipo filial.
A pasada tempada Paula colaborou decisivamente no ascenso do filial a Segunda División.
Con esta baixa, Jorge Basanta queda con 12 futbolistas no primeiro plantel para afrontar o resto da tempada.