Cisne e Grupo Covadonga reparten puntos (24-24) nun partido sen dono
Por Ramiro Espiño
Poida que a Cisne e Grupo Covadonga quedáralles a sensación de deixar escapar un punto e ambos terán razón. Uns e outros tiveron a vitoria na man e deixárona escapar repartindo puntos nun partido sen dono e con alternativas constantes, cunha segunda metade absolutamente sen control.
Os de Edín Covelo acusaron as baixas de Iago Cuadrado e Pablo Picallo, especialmente o primeiro, peza fundamental na defensa branca, pero sobre todo pagaron moi caro os seus erros en ataque, sumadas a precipitacións e perdas de balón cometidas nunha primeira parte na que dominaron con claridade e na que puideron deixar moi encarrilado o partido ao seu favor.
Firmes en defensa, o Cisne recuperaba fácil e abría as primeiras diferenzas do partido, pero cada vez que chegaba a irse con tres goles de vantaxe incorrían neses erros aludidos, ademais de estrelarse coa boa actuación baixo paus do meta asturiano Jorge Martínez.
Un dos momentos craves do partido chegaba pouco antes do descanso. Con 12-9 favorable e superioridade numérica sobre a pista, o Cisne non soubo aproveitar para irse ata de cinco tantos e os asturianos en inferioridade facían un parcial favorable de 0-2, logrando a chegar ao descanso con desvantaxe mínima.
A segunda parte tivo lixeira cor visitante, aínda que a igualdade continuou presidindo o marcador. O Covadonga tirou da experiencia dos seus xogadores, pero nunca o seu puido ir por máis de dous goles. O Cisne reaccionou e volveu poñerse arriba (22-20) a falta de oito minutos e medio, pero atascouse en ataque e un parcial de 0-4 daba a volta ao partido deixándoo case imposible, cando só restaban catro minutos por xogar.
Entón xurdiu o mellor Cisne. Axustando a defensa logrou o empate con goles de Guillermo Rial e Carlos Pombo. Restaban 39 segundos. O Covadonga preparou a última xogada nun tempo morto, pero os de Edín Covelo defenderon o merecido punto con uñas e dentes, non permitindo sequera o lanzamento a portería.
BM CISNE (24): Toño Lafuente; Iván Abilleira (3), Álex Chan (2), Ramón Gil (3), Carlos Pombo (4), Pablo Vidal (2), Pepe Camiña (4) -sete inicial-, Pablo Galán (p.s.), Yago Cuenca (p.s.); Bruno Montesinos (1), Fabián González, Miguel Simón, Javi Vázquez, Pablo Rey (1), Guillermo Rial (4) e Estanislao Erselle.
R.G.C. COVADONGA (24): Jorge Martínez; Adrián Rodríguez, Eduardo Conlledo, Alexis Fernández (1), Miguel Paraja (6), Pablo Fernández (2), Carlos Rodríguez (2) -sete inicial-, Daniel García (p.s.); Javier Ancizu, Samuel Pérez (6), Víctor Álvarez, Fernando López (1), Juan López (2), Diego Canal, José Luís Rodríguez e Alejandro González (4).
Árbitros: Roberto Carlos Mendoza Roldán e Juan Pablo Visciarelli Lareo (Andalucía). Excluíron dous minutos a Iván Abilleira, Carlos Pombo e Pablo Vidal (2), polo Cisne, e a Javier Ancizu, Pablo Fernández e Carlos Rodríguez, polo equipo asturiano.
Marcador (cada cinco minutos): 4-1, 6-3, 8-6, 10-8, 12-9, 14-13 (descanso), 15-15, 16-18, 19-19, 21-20, 22-23 e 24-24 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Mal partido do Cisne, vítima dos seus erros ante Alarcos Ciudad Real (30-37)
Por Ramiro Espiño |
-
Ánimos de revancha para o debut do Cisne na Copa do Rei
Por Redacción |
-
Handbol Bordils non dá opción a un Cisne que compite ata o final (31-27)
Por Redacción |
-
Juanfersa Gijón fai valer a súa condición de favorito e non dá opción ao Cisne (32-24)
Por Redacción |
-
Exhibición do Cisne na súa estrea en Prata cun contundente triunfo ante o Alcobendas (31-23)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |