Varios equipos de LEB, co Peixe Galego á cabeza, plantexan fusionar as categorías Ouro e Prata
Por Diego Espiño
O desencontro entre boa parte dos clubs de LEB Prata e a Federación Española de Baloncesto faise cada vez máis grande.
Todo comezou coa decisión de ascender ao Barcelona B a LEB Ouro e sortear un novo calendario de competición, o que ocasionou prexuízos aos clubs que xa tiñan planificada a tempada, ademais de supoñer un incremento de custos polos cambios de data.
Naquel momento o Peixe Galego foi o primeiro club en protestar públicamente cun comunicado ao que se foron sumando a matoría dos equipos da categoría, excepto os filiais.
Luis Santiago: "Esto es insostenible, LEB Oro y Plata es una locura de gastos"
Foi a pinga que colmou o vaso e agora eses clubs queren cambiar as cousas porque se atopan nunha situación "insostenible, la LEB Oro y Plata son una locura de gastos", recoñece o presidente 'peixe', Luis Santiago.
A entidade marinense será unha das que acudirá a próxima semana, en principio o día 24 de setembro, a Madrid a unha reunión na que pretenden pactar un novo sistema de competición que suscitar despois á Federación Española de face á tempada 2016/2017.
"Planteamos fusionar Oro y Plata", explica Santiago, para facer dous grupos na liga regular suxeito a criterios de proximidade xeográfica, xogándose despois os ascensos en play-off. Fano porque, aseguran, se non baixan as esixencias moitos clubs van ter que renunciar a saír nestas categorías.
O Peixe Galego é un exemplo dos problemas económicos que supón unha liga na terceira categoría nacional na que os desprazamentos ocupan toda a xeografía española. "Estamos haciendo los viajes en coche, no podemos ir en autobús, y viajas en el día y vuelves, sin hacer noche para evitar el gasto de hoteles", explica o presidente do club mariense.
Toda unha chamada de socorro dos clubs, que loitan por sobrevivir mentres seguen a traballar na promoción do baloncesto.
Relacionadas:
-
Darío Suárez súmase ao proxecto do Peixe Galego
Por Redacción |
-
O Peixe Galego dá a sorpresa na Copa Galicia eliminando ao Breogán (71-69)
Por Redacción |
-
O Peixe Galego toma aire coa firma dun acordo de patrocinio con ENCE
Por Redacción |
-
O Peixe Galego pesca na NCAA para pechar o seu xogo exterior
Por Redacción |
-
Novo calendario para Peixe Galego e Xuven na LEB Prata
Por Diego Espiño |