Lucía Vázquez, "moi motivada" ante a última proba da Copa do Mundo en Italia
Por Redacción
Ata Val di Sole, en Italia, trasládase esta fin de semana Lucía Vázquez para tomar parte na útima cita da tempada na Copa do Mundo de BTT na modalidade de cross country olímpico.
A ciclista de Vilaboa acode á competición "moi motivada" con ganas de quitar a espiña das dicretas actuacións en anteriores probas da Copa do Mundo.
Ademais "por se fose pouco xogámonos ir ao Mundial", recoñece Lucía, e é que un bo papel en Italia lle abriría as portas do equipo nacional de cara ao Mundial que se celebrará dentro de dúas semanas en Andorra.
"Dende que empezou a tempada subín moitos postos no ranking UCI e iso colócame nunha mellor posición na grella de saída", explica a pontevedresa antes da carreira italiana, polo que espera non sufrir os problemas das súas primeiras participacións, nas que saíu moi atrasada.
O circuíto deseñado no Trentino italiano ten unha lonxitude de 4,4 quilómetros e "moi boa pinta" para a de Vilaboa, que terá diante ás mellores especialistas mundiais.