![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c52/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/53aae93864-tamara-berta.jpg)
© María Muiña/SailingShots
Prata final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Garda Trentino Olympic Week
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
De menos a máis foron Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Garda Trentino Olympic Week.
Tras comezar a competición na quinta praza da xeral, Echegoyen e Betanzos mantiveron a regularidade para ir escalando posicións pouco a pouco aos longo das diferentes xornadas disputadas Riva di Garda, en Italia.
Así, tras asaltar o podio o sábado, este domingo o dúo galego-cántabro impúxose na definitiva Medal Race para ascender ata a segunda praza da xeral e colgarse unha medalla de prata que reforza a súa progresión no 49er FX pensando nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
"Estamos moi contentas da semana de competición en Garda. Tivemos diferentes condicións de vento e conseguimos ser regulares", explicou a campioa olímpica.
As italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich cumpriron os prognósticos conseguindo un ouro que case aseguraran nas xornadas previas, mentres as finlandesas Sinem Kurtbay e Silja Kanerva completaron o podio no terceiro lugar.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, a polo Europeo de 49er en Porto
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen acaricia o podio tras a primeira xornada da Copa do Mundo de Weymouth
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen volve ao campo de regatas de Londres 2012 para unha nova proba da Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Echegoyen e Betanzos acarician o podio tras a segunda xornada da Trentino Olympic Week
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos arrancan con bo pé na Garda Trentino Olympic Week
Por Redacción |