![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/446/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK1UqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQyUlNK9EpyS9Qsq4FAA==_/551c2bff9f-sin-titulo.jpg)
© Pedro Martínez / 46 Trofeo SAR Princesa Sofía
Támara Echegoyen e Berta Betanzos arrancan con bo pé na Garda Trentino Olympic Week
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Bo inicio de Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Garda Trentino Olympic Week de vela que se está a disputar en augas italianas.
O dúo galego-cántabro sobrepúxose a un inicio complicado no Lago di Garda, cun oitavo posto na primeira das tres mangas disputadas.
Na segunda proba Echegoyen e Betanzos situáronse na segunda posición e na terceira caeron á undécima praza parcial.
Na xeral do 49er FX Támara e Berta son quintas, a sete puntos do podio nunha clasificación que dominan as italianas Giuglia Conti e Francesa Claspcich seguidas das británicas Charlotte Dobson e Sophie Ainsworth e as finlandesas Sinem Kurtbay e Silja Kanerva.
A Garda Trentino Olympic Week é a segunda cita da EUROSAF Champions Sailing Cup de 2015.