Bruno esquiva o quirófano e Fran Fandiño espera diagnóstico
Por Diego Espiño
A volta aos adestramentos do Pontevedra Club de Fútbol tras ao agónico triunfo en Vilagarcía tivo dous nomes propios, os de Bruno Rivada e Fran Fadiño.
O primeiro deles, tras unha semana á marxe do grupo debido á fractura nos ósos do nariz que se produciu ante o Barbadás, confirmou que non pasará polo quirófano. Está á espera de dunha máscara protectora para poder reintegrarse no grupo e poñerse a disposición do adestrador.
Pola súa banda Fran Fandiño traballou este luns co fisioterapeuta do club, Manu Barros, á espera de someterse ao longo do martes a unha ecografía que revele se padece unha lesión muscular na parte posterior da perna dereita.
O centrocampista granate, que volvera ao equipo titular ante o Arosa tras varios meses afastado dos terreos de xogo, retirouse aos 84 minutos tras notar unha picada.
As sensacións 24 horas despois eran positivas, pero serán as probas as que descarten ou confirmen unha lesión que en caso de existir mantería de baixa ao futbolista polo menos tres semanas.
O resto do plantel granate adestrou con normalidade pensando xa no próximo duelo ligueiro, ante o Choco, e en asegurar canto antes o primeiro posto da liga.
Relacionadas:
-
A visita do Choco primeiro obstáculo para o Pontevedra na súa "operación sete puntos"
Por Ramiro Espiño |
-
Mal menor para Fran Fandiño, que estará unha semana de baixa por unha distensión muscular
Por Diego Espiño |
-
Pablo Carnero fai xustiza e decide no minuto 96 un derbi polémico entre Arosa e Pontevedra (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O esixente calendario de final de liga, a mellor preparación para o play-off
Por Diego Espiño |