Mal menor para Fran Fandiño, que estará unha semana de baixa por unha distensión muscular
Por Diego Espiño
Alivio é o que sentiu Fran Fandiño tras coñecer os resultados da ecografía á que foi sometida este martes no Hospital Domínguez.
O centrocampista do Pontevedra, que se retirou con molestias nos últimos minutos do partido ante o Arosa, temía que unha rotura muscular na parte posterior da coxa o apartase dos terreos de xogo durante non menos de tres semanas.
Ao final toda quedou nun susto e o futbolista granate só padece unha distensión muscular que lle obrigará a descansar esta semana, polo que causará baixa no duelo do próximo domingo na casa ante o Choco.
Un diagnóstico que pode cualificarse de mal menor nun momento no que Fandiño realizara "un buen partido, en el que las cosas me había salido bien y me empezaba a agarrar al puesto", sinala o propio xogador en relación á súa primeira presenza do ano no once inicial tras superar unha grave lesión de xeonllo.
Fandiño explicou que descansará uns días pero conta "con estar entrenando el próximo lunes" en plenas condicións físicas.
A do centrocampista será, salvo contratempo, a única baixa coa que contará Luisito para configurar a convocatoria ante o Choco, sempre e cando Bruno reciba a máscara protectora que precisa para xogar tras sufrir unha rotura dos ósos do nariz.
Relacionadas:
-
O Choco dá unha lección de fútbol e pinta a cara a un Pontevedra que se complica a vida (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
A visita do Choco primeiro obstáculo para o Pontevedra na súa "operación sete puntos"
Por Ramiro Espiño |
-
Bruno esquiva o quirófano e Fran Fandiño espera diagnóstico
Por Diego Espiño |
-
Pablo Carnero fai xustiza e decide no minuto 96 un derbi polémico entre Arosa e Pontevedra (1-2)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |