O Arxil fai valer a lóxica e imponse con facilidade (58-76) ao Pabellón Ourense
Por Redacción
Impuxo a lóxica que marca a clasificación o Arxil para vencer con facilidade a un Pabellón Ourense que segue sen coñecer a vitoria no que levamos de tempada. As de Mayte Méndez dominaron con claridade o partido e unicamente no terceiro cuarto pasaron certos apuros, pero souberon manter a vantaxe de 12 puntos, que lle permitiu afrontar o último parcial con comodidade ata certificar un triunfo que lles permite manterse en postos de fase final.
Unha vez máis Maimouna Diarrá marcou diferenzas, con 24 puntos, cun 73 por cento de efectividade nos lanzamentos a canastra, capturando 14 rebotes para sumar un 34 de valoración, ben secundada nesta ocasión por Ana Martín, que fixo un extraordinario 4 de 6 (67 por cento de efectividade) en lanzamentos triplos.
As de Mayte Méndez aprovéitanse da derrota do Celta para despegarse un pouco do cadro vigués, aínda que seguen tendo a León a unha só vitoria de marxe, a falta de catro intensas e decisivas xornadas.
PABELLÿN OURENSE (58): Miriam Rollán (12), Noelia Oliva (9), Laura Álvarez (10), Meritxell Bellido (4), Nerea Nieto -cinco inicial- Andrea Rivas (19) e Sara García (4).
CB ARXIL (76): Maimouna Diarrá (24), Ana Martín (13), Noelia Fernández (7), María Lago (8), Fallon Lewis (11) -cinco inicial-, Ana María Román (11), María González (2) e Sandra Entenza.
Árbitros: Adrián Iglesias Ambrosio e David Posada Rouco. Sinalaron 19 faltas ao Pabellón e 13 ao Arxil. Eliminaron por cinco faltas a xogadora local Andrea Ríos.
Marcadores parciais: 16-21, 14-21 (30-42, descanso), 19-19 (49-61) e 9-15 (58-76, final).
Incidencias: Pavillón Municipal Os Remedios (Ourense).
Relacionadas:
-
O Arxil imponse no derbi (52-44) e deixa fóra ao Celta da loita polo play-off
Por Redacción |
-
Derbi clave para o Arxil ante o Celta para entrar na fase de ascenso
Por Redacción |
-
O Arxil presume de club nun ano especial para a entidade
Por Diego Torrado |
-
Cortegada devolve a moeda ao Arxil e lévase o derbi (54-65) apertando a liga
Por Redacción |
-
Sofre para impoñerse o Arxil (58-59) sobre Universidad de Valladolid
Por Redacción |