O Arxil presume de club nun ano especial para a entidade
Por Diego Torrado
Co primeiro equipo inmerso na loita por xogar o play-off de ascenso á máxima categoría do baloncesto feminino nacional e o resto no medio das súas respectivas competicións, o Club Baloncesto Arxil realizou a foto de familia oficial da tempada.
O club verde quixo presumir de boa saúde nun curso baloncestístico no que pon sobre o parqué 17 equipos, dende os baby pasando por tres pre-minibasket, tres minibasket, catro infantís, tres cadetes, un júnior e os dous sénior.
Trátase ademais dun ano especial para a entidade, pois se converteu coincidindo co seu 30 aniversario no único club feminino con representación en todas as ligas autonómicas de primeira división.
A foto realizouse na pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva coa presenza de directivos, adestradores e tamén pais de moitas das xogadoras dos diferentes equipos.