Preto de medio milleiro de ciclistas inaugurarán a Transgalaica 2015 de BTT en Cotobade
Por Diego Espiño
Cotobade acollerá o próximo domingo 8 de marzo, por sexto ano consecutivo, a primeira cita da Transgalaica de BTT-Maratón, circuíto que cumpre a súa décima edición.
As previsións de bo tempo dispararon as espectativas de participación, que roldará o medio milleiro de ciclistas de diferentes idades e categorías, con "gente de competición y de cicloturismo", sinalou na presentación o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz.
A saída da carreira darase ás 10:00 horas dende Carballedo, dando paso a un circuíto "un poco más largo" que anos anteriores, de 58 quilómetros, segundo o explicado por Javier Sánchez, representante do Monteferro Bike Club.
Na súa versión competitiva destaca a ausencia do actual campión en categoría masculina, Brandán Márquez, deixando como máximo favorito a Javier Busto, mentres en categoría feminina se postulan como candidatas ao triunfo a actual campioa da Transgalaica, Susana Alonso, e a ciclista de Vilaboa Lucía Vázquez.
A Transgalaica completarase coas probas de Porriño (22 de marzo), Vigo (12 de abril) e Tui (26 de abril).
Trátase dunha cita que "para Cotobade es muy importante", asegura o alcalde Jorge Cubela, por atraer o municipio "gente que viene y que repetirá haciendo los circuitos todo el año".
Na presentación do evento Cubela mostrou o seu compromiso con esta carreira prometendo que "mientras sea alcalde la Transgalaica va a contar con el apoyo de nuestro ayuntamiento".
No acto previo á cita tamén estiveron presentes as deputadas provinciais Begoña Estévez e Ana Isabel Vázquez.