Brais Sendín e Susana Alonso impóñense no exitoso inicio da Transgalaica
Por Diego Torrado
Animada xornada deportiva a vivida este domingo en Cotobade no inicio da Transgalaica de BTT-Maratón.
O bo tempo animou multitude de ciclistas a estar presentes na saída de Carballedo, baténdose con 423 anotados o record de inscrición da carreira.
O máis rápido en completar os esixentes 58 quilómetros de percorrido foi o ciclista júnior do CC Maceda Brais Sendín (2:42:29), que dominou a proba dende o inicio. Acompañárono no podio Manuel Ángel Parada e Javier Busto.
En categoría feminina a gañadora foi Susana Alonso, cunha gran vantaxe sobre os seus rivais, mentres o Borjas Bike Team se impuxo na categoría por equipos.
A Transgalaica terá a súa segunda parada o próximo 22 de marzo en Porriño.
Relacionadas:
-
Máis de 400 participantes para o inicio da Transgalaica en Cotobade
Por Redacción |
-
Cotobade volverá a acoller no 2016 a primeira proba do circuíto Transgalaica de BTT Maratón
Por Redacción |
-
Preto de medio milleiro de ciclistas inaugurarán a Transgalaica 2015 de BTT en Cotobade
Por Diego Espiño |
-
Cotobade volverá acoller a primeira proba da Transgalaica de BTT
Por Redacción |