Triunfo cómodo do Portonovo (3-0) que impón a lóxica ante o Pontevedra B
Por Redacción
Dous mundos absolutamente opostos enfrontados en Baltar. Un Portonovo que busca a primeira praza e o ascenso, fronte a un Pontevedra B que cada vez ve máis lonxe a posibilidade de salvación e segue compartindo o último posto da táboa co Rápido Bahía.
Impúxose a lóxica, se ben o equipo local non logrou sentenciar o resultado ao seu favor ata a recta final do partido. O filial granate aguantou relativamente ben na primeira parte, malia o seu erro defensivo que lle custou o primeiro gol do partido, practicamente na primeira xogada, ao aproveitar Álex Cubas un roubo de balón en medio campo.
Logo, manexando perfectamente o partido, o Portonovo soubo esperar a súa oportunidade para asegurar unha vitoria xusta, aínda que un pouco excesiva para o visto sobre o cesped. Primeiro foi un penalti transformado por Hugo Soto, e xa case no desconto Brian pechaba o marcador.
PORTONOVO SD (3): Romero; Gándara (Agra, min. 86), Iván Renda, Suso Bea, Álex Cubas (Alberto, min. 75), Durán (Pablo Blanco, min. 82), Brian, Rubianes, Ventoso, Hugo Soto e Fontán (Pingui, min. 64).
PONTEVEDRA B (0): Adrián; Aguete, Adán (Juan, min. 46), Pineda, Iago, Corrales (Mario, min. 46), Andrés (Xurxo, min. 46), Hugo Nogueira, Richard (Ramón, min. 58), Brais e Roberto Otero.
Árbitro: José Piñeiro Gondar (Pontevedra), auxiliado nas bandas por Daniel Vilar Álvarez e Alberto Gómez Lameiro. Amoestou a Álex Cubas, polos locais, e a Richard, Hugo Nogueira e Mario, polos visitantes.
Goles: (1-0) Minuto 2: Álex Cubas. (2-0) Minuto 80: Hugo Soto, de penalti. (3-0) Minuto 89: Brian.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar (Portonovo). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
O Portonovo déixase o liderado ante o Valladares (3-2)
Por Redacción |
-
Reparto de puntos entre Pontevedra B e Villalonga (1-1)
Por Redacción |
-
O Pontevedra B adiántase en dúas ocasións pero remata empatando ante o Céltiga (2-2)
Por Redacción |
-
Un gol de Brian no desconto dá a vitoria ao Portonovo (1-2) en Nogueira de Ramuín
Por Redacción |