Un gol de Brian no desconto dá a vitoria ao Portonovo (1-2) en Nogueira de Ramuín
Por Redacción
Tivo que sufrir o Portonovo para sumar os tres puntos en Nogueira de Ramuín. Os arlequinados deberon esperar ata o desconto para culminar a remontada cun gol de Brian, conseguido cun disparo dende fóra da área.
Non estiveron finos os de Baltar na primeira parte e pagárono co gol do equipo ourensano, que adiantaba aos locais no marcador, obra de Kike dedisparo cruzado.
Cambiou a decoración na segunda parte. O Portonovo saíu decidido a polo partido, aínda que iso significase deixar especio para as contras locais. Nunha de elllas Walter Martín puido sentenciar ao quedar só ante o porteiro, pero o seu remate en vaselina marchou fóra por moi pouco.
Da xogada que puido ser definitiva pasouse ao empate, cun centro ao segundo pau que aproveitou Diego. O Nogueira quedou con dez, por dobre amarela a Pablo, pero puido adiantarse de novo nun remate de Roberto ao poste, ata que Brian, no tempo de desconto, facía o gol da vitoria visitante.
SD NOGUEIRA DE RAMUÍN (1): Jacobo; Chapi (Lobo, min. 93), Thomas, Roberto, Omar, Bruno (Calviño, min. 79), Loren, Martín (Guille, min. 68), Salgado, Jorge e Kike (Javi Ramos, min. 83).
PORTONOVO SD (2): Dani; Luis Alberto, Gándara, Agra, Suso Bea, Brian (César, min. 71), Diego (Berto, min. 73), Hugo Soto, Pablo, Nacho e Manu Sieiro (Aarón, min. 65).
Goles: (1-0) Minuto 33: Kike. (1-1) Minuto 62: Diego. (2-1) Minuto 92: Brian.
Árbitro: David Jiménez Jiménez (Lugo). Expulsou por dobre amoestación o xogador do Nogueira, Pablo (minuto 70). Amoestou aos locais Guille, Bruno, Kike, Loren e ao adestrador, Fran Justo. Polos visitantes foi amoestado Gándara.
Incidencias: Campo da Tella (Nogueira de Ramuín). Uns 120 espectadores.