O Pontevedra B adiántase en dúas ocasións pero remata empatando ante o Céltiga (2-2)
Por Redacción
Sabe a pouco o empate (2-2) para o Pontevedra B ante o Céltiga nun duelo no que mellorou a súa imaxe pero no que non logrou quedar con tres importantes puntos.
O filial adiantouse ata en dúas ocasións no marcador, primeiro aos 15 minutos cun gol de Andrés.
Antes do descanso o equipo visitante puxo as táboas por medio de Rubén, no 41, pero os granates volveron marcar antes do descanso facendo o 2-1, obra de Richard.
Ao inicio da segunda metade o Céltiga empatou dende os once metros facendo o definitivo 2-2.
Este resultado permite ao Pontevedra B abandonar a última posición da táboa, pero segue a dez puntos da zona de permanencia.
PONTEVEDRA CF B (2): Adrián, Dani Adán, Aguete, Juan (Alejandro, min.55), Brais (Xurxo, min 67), Hugo, Andrés, Corrales (Mario, min.71), Richard, Manu Piñeiro, Jonatan (Milkias, min.62).
CÿLTIGA FC (2): Marcos Bermúdez, Borja Janeiro, Santiago, Carlos, Marcos Castro, Marcos García (Yago, min.84), Roberto Pastoriza, Javier Vidal, Porta, Rubén (Nico, min.78), Saúl.
Árbitro: Lois Carro. Amoestou a Manu Piñeiro, Aguete, Alejandro e Hugo no Pontevedra B e a Rubén, Saúl, Roberto Pastoriza e Santiago no Céltiga.
Goles: 1-0 Andrés (min.15), 1-1 Rubén (min.41), 2-1 Richard (min.43), 2-2 Borja Janeiro de penalti (min.52).
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira I de Pontevedra.