Bo papel de Mace Sport, Taekanart e Mat's no Campionato Galego Júnior de Taekwondo
Por Redacción
Porto do Son acolleu o pasado fin de semana o Campionato Galego Júnior de Taekwondo coa presenza de 150 deportistas e gran papel de Mace Sport, Taekanart e Mat´s.
Ademais das medallas individuais, o Mace Sport impúxose na clasificación masculina por equipos con 39 puntos, por diante do Taekanart (31). Ademais o club pontevedrés, cuarto na categoría feminina, conseguiu a segunda praza na clasificación xeral.
No Mace Sport destacaron: Artai Pazos, ouro no peso Gallo; Javier González, campión en Superlixeiro; e Sara Cortegoso, ouro en peso Gallo. Ademais lograron medalla prata Unai Silva, Abrahan Ramírez e Jessica Blanco, mentres Leandro Abollado e Uxía Ogea foron bronce.
Por parte do Taekanart Daniel Otero e Francisco Alexandra Acuña colgáronse o ouro no peso Lixeiro e Semipesado respectivamente, mentres Nagore Acuña foi prata e Nicolás Argibay, José Antonio Fiel e Yerai Rodríguez bronce.
En canto ao Mat's de Marín Rubén Troitiño proclamouse vencedor en peso Medio e Arlet Ortiz no Pluma. Foron bronce ademais Lara Pazos e Mariña Estévez.
Os clubs céntranse agora no Campionato de España que se celebrará no mes de decembro en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Bronces para Katia Calvar e Lúa Piñeiro no Open de París de taekwondo
Por Redacción |
-
Máis de 700 deportistas de todas as idades participarán o sábado na Copa Deputación de Taekwondo
Por Redacción |
-
Yago Pita, Ángel López e Adrián Santos, do Mace Sport, logran o bronce no Mundial de Técnica
Por Redacción |
-
Bo papel do taekwondo local no XVII Campionato Internacional Cidade de Pontevedra
Por Diego Torrado |