Máis de 700 deportistas de todas as idades participarán o sábado na Copa Deputación de Taekwondo
Por Redacción
O Pavillón Municipal de Ponte Caldelas acollerá o próximo sábado, día 22 de novembro, a Copa Deputación de Taekwondo.
Máis de 700 deportistas de todas as idades e de 16 clubs da provincia daranse cita na proba, que dará comezo ás 10:00 horas e se prolongará durante toda a xornada.
Trátase dunha festa provincial deste deporte "no competitiva", tal e como asegurou na presentación o vicepresidente da Federación Galega, José Ángel Torres, "un torneo en el que puede participar cualquier niño de cualquier edad y cualquier cinturón".
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, sinalou ademais que o aforamento do pavillón (250 persoas sentadas e 400 en total) obriga a que a competición se desenvolva por quendas.