Claudia únese a Silvia e Ceci na convocatoria da Selección Española
Por Redacción
O seleccionador nacional de fútbol sala, Venancio López, chamou unha segunda xogadora do Poio FS para a próxima concentración do equipo, a pívot Claudia Martínez.
Claudia únese así á súa compañeira Silvia Aguete e á marinense, ex xogadora do equipo rojillo, Cecilia Puga.
A chamada chega uns días despois de coñecer a lista de Venancio para unhas xornadas de adestramento que se desenvolverán en Las Rozas entre os días 28 de setembro e 2 de outubro co obxectivo de preparar o próximo Campionato do Mundo que terá lugar en Costa Rica durante o mes de decembro.
Claudia fora convocada pola Selección Española para participar o o Mundial Universitario a pasada campaña, pero unha lesión impediulle acudir á cita.
Agora os seus catro goles nas dúas primeiras xornadas de liga convenceron o técnico nacional. Nas súas botas está gañar un posto entre as mellores xogadoras de España.