Exame para o novo proxecto do Poio Fútbol Sala coa visita do FSF Rioja
Por Redacción
De volta ao seu horario habitual (sábado ás 18:30 horas), o Poio Fútbol Sala afronta unha nova xornada, a terceira, de liga en Primeira División coa ilusión de manterse nos postos altos da clasificación.
Para iso as vermellas deberán superar a "un equipo que compite bien y con experiencia" como o FSF Rioja, segundo o define o adestrador do Poio, Gonzalo Iglesias 'Morenín'.
Durante a semana Morenín incidiu especialmente en "cómo atacar su sistema defensivo, un 2-2 en zona poco habitual" que converten ao conxunto rioxano nun rival correúdo, como demostrou nas dúas primeiras xornadas con resultados moi apertados.
Coa única baixa de Zulú, que afronta o tramo final de recuperación da súa lesión de xeonllo, e con Charo recuperada dunhas molestias musculares, as vermellas apelan ao factor afección para levarse un choque que, segundo o preparador galego, "ganará el que menos errores cometa".
Morenín espera ademais que o partido ante o Rioja culmine unha semana especial, coa convocatoria de Silvia e Claudia para a Selección Española.
A convocatoria compóñena Silvia, Irene, Charo, Paloma, Elena, Jenny, Yoly, Souza, Tania, Nerea Moldes e Claudia.