Silvia e Ceci repiten convocatoria coa Selección coa vista posta no Mundial de Costa Rica
Por Redacción
A gardameta pontevedresa do Poio Fútbol Sala, Silvia Aguete, volveu ser citada para unha convocatoria da Selección Española, ao igual que a marinense Cecilia Puga 'Ceci', agora nas filas da Lazio italiana.
Venancio López incluíu ambas as dúas na lista de xogadoras que acudirán a unhas xornadas de adestramento entre os días 28 de setembro e 2 de outubro.
Ceci é xa unha fixa nos plans do seleccionador, pero Silvia segue consolidando a súa presenza no equipo nacional, co que espera participar este inverno no seu primeiro gran torneo.
A concentración da Selección servirá para preparar a próxima gran cita do calendario internacional, o Mundial que se disputará en Costa Rica do 2 ao 10 de decembro.
O resto da lista compóñena: Vane, Belén, Chamorro, Isa García, Lucía, Amelia, Leti, Ana Luján, Amparo, Marta Peñalver, Sara Navalón e Natalia.
Relacionadas:
-
Ceci e Silvia, convocadas coa Selección para un dobre amigable en Hungría
Por Redacción |
-
Exame para o novo proxecto do Poio Fútbol Sala coa visita do FSF Rioja
Por Redacción |
-
Claudia únese a Silvia e Ceci na convocatoria da Selección Española
Por Redacción |
-
Silvia Aguete e Ceci, convocadas de novo pola Selección Española de fútbol sala
Por Redacción |