Todo listo para a IV Ruta BTT do Club de Montaña Xesteiras
Por Redacción
Cuntis acollerá o próximo domingo 10 de agosto a cuarta edición da Ruta BTT Montaña de Xesteiras.
Preto de 500 afeccionados á bicicleta de montaña reuniranse nesta proba non competitiva organizada polo Club de Montaña Xesteiras cun circuíto de dificultade media-alta de 36 quilómetros que se poden reducir a 32.
A saída está fixada para as 9:30 horas dende a Praza dás Árbores. Os participantes, tras realizar un pequeno percorrido polo núcleo urbano de Cuntis iniciarán a marcha por camiños rurais antes de rematar de novo no centro da vila termal.
Paralelamente a organización preparou unha ruta de sendeirismo de 14 quilómetros e os máis pequenos terán á súa disposición diferentes actividades baixo a tutela de monitores de tempo libre. Todo para "promover o deporte de montaña en Cuntis potenciando o turismo rural para toda a familia", segun explica o tesoureiro do club ciclista Jorge Abal.
O Club de Montala Xesteira conta para a cita coa colaboración do Concello e do Balneario de Cuntis.