Pontevedra renuncia ao partido España-Austria de balonmán
Por Diego Espiño
A pesar do anuncio da Federación Europea de Balonmán (EHF) fixando Pontevedra como sede do España-Austria da fase de clasificación para o Campionato de Europa, a cidade de Lérez non acollerá o encontro.
O Concello, a través da concellaría de Deportes, renunciou á organización deste ao ocasionar a data escollida, 29 de outubro, un problema de ocupación do Pavillón Municipal dos Deportes, que acollerá esa fin de semana o Open Intenacional de Taekwondo.
O edil responsable, Agustín Fernández, aludiu ademais a criterios deportivos, ao considerar máis interesante o choque ante Alemaña de abril de 2015: "los costes de organización son altísimos, en torno a 40.000 euros de canon, y el partido de Austria no garantiza ese retorno".
Non obstante esta decisión non garante a presenza dos campións do Mundo na cidade, posto que outras cidades se mostraron interesadas en organizar a cita ante a selección xermana.
Esta semana Fernández remitiu un escrito a Federación Española e Galega de Balonmán comunicando a decisión adoptada polo Concello.