Miguel Centrón e Pedro García, novas fichaxes dun Pontevedra que confirma a Lloves e renova a Edu e Tubo
Por Alejandro Espiño
Seguen as fichaxes no Pontevedra. Tras presentar este luns a Adrián Mouriño e Alberto Campillo, o club anunciou a incorporación de dous novos xogadores. Trátase dos centrocampistas Miguel Centrón e Pedro García. Ambos os dous serán presentados este martes en Pasarón xunto co porteiro Sergio Lloves, que regresa ao equipo granate como xa adiantou PontevedraViva hai uns días.
Miguel Centrón, un futbolista de banda esquerda, ten 29 anos e procede do Coruxo. O xogador de Cangas, que tamén militou no Polideportivo Ejido, asinou por unha tempada. Tamén un ano asinou Sergio Lloves, que regresa a Pasarón tras a súa aventura no fútbol islandés, finalizada o pasado mes de febreiro. Dende entón formaba parte do equipo do Villalonga, actualmente en Rexional Preferente.
Pola súa banda, o Pontevedra asinou dúas tempadas co mediocentro vigués Pedro García. Ten 24 anos e chega procedente do Boiro, equipo co que disputou a liga pasada en Terceira División. Formado na canteira do Real Club Celta de Vigo, a súa traxectoria deportiva levoulle tamén a xogar no Rácing de Ferrol ou o filial do Rácing de Santander, este último na Segunda B. A pesar do seu corte defensivo, marcou dous goles a tempada pasada.
RENOVAN EDU E TUBO
Ademais destas tres novas incorporacións, o Pontevedra pechou tamén un acordo con Edu e Tubo para que continúen dúas tempadas máis no club. O porteiro e o centrocampista ratificaron este luns o seu novo contrato coa entidade.
Relacionadas:
-
"Unidos por un novo futuro", lema da campaña de socios 2014/2015 do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Jorge Rodríguez e Capi, ex xogadores de Rácing de Ferrol e Ourense, súmanse ao Pontevedra 2014-2015
Por Ramiro Espiño |
-
Sergio Lloves, Pedro García e Miguel Centrón, tres xogadores "de garantías" para pelexar polo ascenso
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Alberto Campillo e Adrián Mouriño, dous xogadores cun obxectivo claro: ascender a Segunda B
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Sergio Lloves, primeira fichaxe do Pontevedra 2014-2015; David Feito, renova o seu contrato co club
Por Redacción |