España adxudícase o Torneo Internacional de Moscú con papel estelar de Ceci
Por Redacción
A Selección Española de fútbol sala feminino impúxose no Torneo Internacional Día da Victoria de Móscú despois de vencer na xornada final á anfitriona Rusia por 2 goles a 0. O combinado nacional salda o cuadrangular con tres vitorias noutros tantos partidos, ante Irán, Hungría e Rusia sen encaixar ningún tanto en contra e tras anotar 9 goles. España reedita así a vitoria nun Torneo que xa obtivese en 2011.
Tras superar aos combinados de Irán e Hungría, españolas e rusas enfrontábanse no partido final para dilucidar o campión. O empate servía ás de José Venancio López, que non obstante saíron a pola vitoria fronte ao potente combinado local.
España comezou dominando aínda que sen chegar con claridade á área, ata que aos catorce minutos de partido Natalia Flores (Atlético de Madrid) culminaba en gol un atinado remate tras unha boa xogada ofensiva
As rusas intentaron imprimir máis intensidade ao seu xogo na segunda metade, recorrendo mesmo ao xogo de cinco, o que aproveitou España para facer o definitivo 0-2 por medio de Ceci, que volvía ver porta novamente e sentenciaba a vitoria.
A xogadora do Poio FS volveu ter unha actuación destacada, contando coa confianza do seleccionador, que unha vez máis incluíuna no cinco inicial do equipo. Ceci respondeu con traballo e goles, consolidándose como unha xogadora a ter en conta para próximos compromisos internacionais.