Ceci, convocada pola selección española para o torneo internacional de Moscú
Por Redacción
O seleccionador nacional de fútbol sala feminino, José Venancio López, fixo pública a relación de xogadoras convocadas para disputar o Torneo Internacional de Seleccións Absolutas Femininas que se celebrará en Moscú, do 6 ao 9 de maio. Trátase dun torneo cuadrangular no que España se medirá coas seleccións de Irán, Hungría e á anfitriona Rusia.
A convocatoria compóñena cinco xogadoras do actual líder da máxima categoría, At. Madrid Navalcarnero, e unha representante dos equipos de Ponte Ourense, Móstoles, AD Alcorcón, Viaxes Amarelle, Universidad de Alicante, Poio FS. Burela Pescados Rubén, Valdetires Ferrol e ASD Ternana Futsal de Italia.
Ceci repite convocatoria por terceira vez, tras debutar como internacional en dous amigables en Portugal, que lle valeron para conseguir un posto na selección que se proclamou subcampiona do mundo en Ciudad Real.
A convocatoria de José Venancio López para viaxar a Moscú intégrana: Porteiras: Vane (Ponte Ourense), Belén (Atlético de Madrid), Jenny (Atlético de Madrid). Peches: Chamorro (FSF Móstoles), Isa García (AD Alcorcón FSF), Lucía (Viaxes Amarelle). Alas: Amelia (Universidade de Alicante), Leti (Atlético de Madrid), Ana Luján (Atletico de Madrid), Amparo (ASD Ternana Futsal), Ceci (Poio FS). Pivotes: Natalia, (Atlético de Madrid), Lidia Mesías (Burela) e Erika (Valdetires Ferrol).