Bronce para José Enrique Porto no Mundial de paraciclismo en pista
Por Redacción
O ciclista do Super Froiz José Enrique Porto logrou unha medalla de bronce no Campionato do Mundo de Paraciclismo celebrado na localidade mexicana de Aguascalientes.
Porto, xunto ao seu tándem José Antonio Villanueva, finalizou no terceiro posto na proba de velocidade tras avanzar na competición ata a rolda de cuartos de final, na que perderon ante o dúo australiano composto por Kieran Modra e Jason Nibblett.
Xa na semifinal o corredor do Froiz e a súa parella conseguiron a medalla ao gañar no último enfrontamento a outro tándem autraliano, o de Paul Kenned e Thomas Clarke, despois de ter que chegar ao desempate.
Porto e Villanueva non tiveron tanta sorte na súa especialidade, a proba do quilómetro, onde romperon dúas veces o prato e foron descualificados.
Pola súa banda, nesta distancia, o tamén representante do club pontevedrés, César Neira, concluíu nunha meritoria sexta praza na categoría de C4.
Relacionadas:
-
José Enrique Porto regresa do Mundial de Ciclismo Adaptado cunha medalla de prata
Por Redacción |
-
José Enrique Porto logra a medalla de bronce na Copa de Europa de Ciclismo Adaptado en Newport
Por Redacción |
-
César Neira e José Enrique Porto preparan o Mundial de paraciclismo que se disputa en México
Por Redacción |