César Neira e José Enrique Porto preparan o Mundial de paraciclismo que se disputa en México
Por Redacción
Os paraciclistas do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, César Neira e José Enrique Porto, están xa en terras mexicanas preparando unha das grandes citas da tempada, o Campionato do Mundo de paraciclismo que se disputa do 10 ao 13 deste mes de abril na cidade de Aguascalientes.
Ambos os dous deportistas chegan á cita despois dos bos resultados obtidos no Campionato de España celebrado en Galapagar, onde Porto, facendo tándem, cumpriu os prognósticos na proba de velocidade, mentres que Neira conseguiu o triunfo na categoría de MC4.
O mundial ten como escenario un dos velódromos máis rápidos do planeta. Para adaptarse ás súas condicións, Porto leva en Aguascalientes dende fai algo máis dunha semana, porque xunto ao seu compañeiro José Antonio Villanueva "tenemos muchas esperanzas en este Mundial y es bueno adaptarnos al velódromo".
As medallas conseguidas nos Xogos Paralímpicos de Londres e os resultados no recente Campionato de España converten a Porto no referente do equipo español, como recoñece o propio seleccionador, Félix García Casas: "Llegan en su mejor momento, y en un velódromo tan rápido como Aguascalientes pueden hacer un tiempazo. Posiblemente sean una de las mayores garantías de medalla".
César Neira competirá na categoría de C4 nas probas de persecución e quilómetro. Para o seleccionador é "un corredor con un gran potencial en persecución, pero tiene que demostrar que puede estar allí en 4⿐50 para ser competitivo. Es uno de los que más complicado puede tenerlo, pero si tiene buen día estará entre los mejores".
En canto a Porto competirá en tándem, velocidade e quilómetro, aspirando ao máximo nas tres probas.
Os paraciclistas son unha das pedras angulares do proxecto do Grupo Deportivo Supermercados Froiz porque "nuestro compromiso es respaldar al ciclismo", declara Evaristo Portela, máximo responsable da formación alimenticia.