VÍDEO.- Un golazo de Tere Abelleira desde o círculo central pecha o 2-0 de España a Bélxica en Riazor
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Os Xogos Olímpicos esperan xa á Selección Española Absoluta Feminina e a Tere Abelleira, protagonista este martes no último encontro do combinado nacional antes da cita de París.
Foi ademais ante a súa xente, e é que a pontevedresa se luciu cun golazo no tempo de desconto que pechaba o 2-0 definitivo fronte a Bélxica no Estadio Municipal de Riazor, na Coruña, casa do que foi o seu equipo durante catro tempadas.
Tere non foi titular neste encontro, que pechaba a fase de clasificación para o próximo Europeo, pero saltou ao terreo de xogo no minuto 71 en substitución de Laia Codina. O marcador era entón de 1-0 cun tanto da balón de ouro Aitana Bonmatí no minuto 39.
Pouco tempo pero suficiente para demostrar unha vez máis a calidade que atesoura nas súas botas. Pasaba xa do tempo regulamentario cando Abelleira controlou o balón no circulo central deixando atrás co seu primeiro toque a unha rival e vendo á porteira belga adiantada para conectar un preciso disparo afastado ao fondo da portería.
¿¿Pero qué acabas de hacer, Tere??
— Teledeporte (@teledeporte) July 16, 2024
DOÑA Teresa Abelleira Dueñas: más clase que un maestro de escuela #SelecciónRTVE pic.twitter.com/IyI9lac18C
Foi o culmen á festa do fútbol feminino en Riazor, nun partido no que España recobrou sensacións coa misra posta nuns ilusionantes Xogos Olímpicos nas que as campioas do Mundo van a por todas.
Relacionadas:
-
Tere Abelleira estréase con vitoria nos Xogos Olímpicos (2-1)
Por Diego Espiño |
-
Tere Abelleira e España, "con ganas de volver competir" para "ir con mellores sensacións aos Xogos Olímpicos"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira, na lista definitiva da selección española de fútbol para as olimpíadas de París 2024
Por Alejandro Espiño |
-
Tere Abelleira, convocada á preparación de España para os Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- A espectacular asistencia de Tere Abelleira que vale unha Eurocopa para España
Por Diego Espiño |