Renovación dunha das grandes promesas do Cisne, o pivote Manu Lorenzo
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán pechou a continuidade dunha das súas grandes apostas de futuro, o pivote Manu Lorenzo.
A entidade pontevedresa confirmou este xoves a renovación do xoven xogador para a próxima tempada.
RENOVACIÓN | O Pivotazo Manuel Lorenzo continúa un ano máis na casa.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 27, 2024
O xogador “Made in Los Sauces” sae da nosa canteira con numerosas convocatorias coa selección nacional.#VamosCisne #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/EPonmynryU
A pesar da súa mocidade, Manu Lorenzo foi gañando protagonismo aos poucos no primeiro plantel, desde o seu debut con só 16 anos na Liga Asobal en outubro de 2022.
Trátase ademais dun talento no que ten posto os ollos a Selección Española, e de feito trras acumular convocatorias internacionais nos últimos meses foi citado agora para principios de xullo polo equipo español xuvenil para preparar a súa participación no próximo Campionato de Europa.
O pivote é a segunda renovación no plantel cisneísta que dirixirá Quiños desde o banco, tras a recentemente anunciada de Gualther Furtado.
Relacionadas:
-
André de Moura continúa no Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne, obrigado a iniciar a liga en Príncipe Felipe
Por Diego Espiño |
-
O Cisne estreará a tempada 24-25 na casa contra o Trops Málaga
Por Diego Espiño |
-
Quiños seguirá a liña marcada por Jabato no Cisne co reto de lograr a "tranquilidade" dos 26 puntos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Quiños ascende a primeiro adestrador do Cisne tras a marcha de Jabato
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ata un dos seus homes clave, Gualther Furtado
Por Diego Espiño |