Álvaro Juncal e Sergio Doval, novos árbitros de Primeira RFEF
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
A arbitraxe pontevedresa está de parabén, e é que dous dos seus representantes lograron ascender de categoría chegando á esixente Primeira RFEF.
Trátase do colexiado principal Álvaro Juncal Moreira e do asistente Sergio Doval Gil.
Así aparece reflectido no informe arbitral da tempada publicado a última hora deste luns polo Comité Técnico de Árbitros (CTA) nacional, no que se recolle todos os ascensos e descensos das principais categorías.
Na máxima categoría o CTA de Pontevedra seguirá representado por Alejandro Muñiz Ruiz por cuarta tempada consecutiva, segunda como colexiado internacional FIFA.
Con todo a principal novidade para a arbitraxe pontevedresa chega no terceiro chanzo do fútbol masculino, a Primeira RFEF, á que logrou ascender Juncal Moreira despois de só tres campañas en Segunda RFEF, nas que dirixiu un total de 38 partidos. Logra o ascenso con 25 anos de idade e aínda moita marxe para seguir mellorando.
Con el logra o salto á mesma categoría Sergio Doval, no seu caso como asistente.
A noticia negativa produciuse na asistente Iris Romero, que tras un ano na Primeira División Feminina non continuará na categoría.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Iria Rosendo, no equipo arbitral para a final da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
Álvaro Juncal e Sergio Doval, na fase de ascenso a Primeira RFEF
Por Redacción |
-
A FIFA outorga oficialmente ao pontevedrés Alejandro Muñiz a categoría de árbitro internacional
Por Diego Espiño |
-
Unha gran cea para celebrar a fin de tempada e premiar o traballo dos árbitros
Por Redacción |
-
Sete representantes da arbitraxe pontevedresa dirixirán partidos de fútbol en categoría estatal o próximo curso
Por Manu Otero |
-
Iria Rosendo consolídase como asistente na Primeira División Feminina e ascende a Segunda RFEF Masculina
Por Diego Espiño |