Marco Rodrigues, terceira baixa do Cisne
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Terceira baixa no Club Cisne Balonmán para a próxima tempada.
O equipo pontevedrés comunicou que Marco Rodrigues non continuará no equipo, poñendo fin así a unha breve estancia na Boa Vila.
O lateral brasileiro reforzara o Cisne no tramo final de competición debido á súa praga de baixas por lesión, chegando procedente do Balonmano Elda da Primeira Nacional. Segundo informa o cadro cisneísta agora regresará á localidade alacantina.
BAIXA | Marco Rodrigues non continuará en Pontevedra a vindeira tempada.
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 13, 2024
O lateral brasileño que chegaba a mitade de tempada como reforzo para equipo poñerá rumbo Elda.
Grazas polo teu compromiso co equipo#VamosCisne #OrgullososDoNoso pic.twitter.com/S8aqVTO4tV
Marco Rodrigues únese desta forma á lista de saídas nas que xa figuraban Rubén Etayo e Dani Serrano.
JABATO E ALBERTO DELGADO, COA MIRA NO EUROPEO JÚNIOR
Por outra banda o adestrador do Cisne, Javier Fernández 'Jabato', deu a coñecer a lista de convocados da Selección Española Júnior que tamén dirixe de cara ao torneo Airport Trophy que se disputará a finais de xuño en Suíza e ao Europeo da categoría do próximo mes de xullo.
Na lista figura o extremo cisneísta Alberto Delgado.
Relacionadas:
-
Quiños ascende a primeiro adestrador do Cisne tras a marcha de Jabato
Por Diego Espiño |
-
O Cisne ata a un dos seus homes clave, Gualther Furtado
Por Diego Espiño |
-
Jabato, dunha renovación case pechada a decidir non seguir no Cisne
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Conde abandona o Cisne despois de "siete años maravillosos"
Por Diego Espiño |
-
Rubén Etayo non seguirá no Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne di adeus á fase de ascenso á Liga Asobal (32-20)
Por Almu Dapena |