Saúl López e Carla Fernández reinan no Castrove no Campionato de Galicia XCO
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Monte Castrove foi escenario a fin de semana da gran competición anual do BTT autonómico, o Campionato de Galicia de Cros Country Olímpico (XCO).
Ata 13 títulos autonómicos repartíronse nunha competición organizada polo Poio Bike Club con 250 participantes.
A xornada tivo dous nomes propios, os de Saúl López e Carla Fernández.
Saúl López (Academia Postal - Maceda) revalidou o seu título galego con solvencia na carreira elite e sub-23 masculina, marchando en solitario desde a primeira volta e chegando a meta con máis de 6 minutos de vantaxe sobre o segundo clasificado, Alberto Pedreira (Bici Verde). Terceiro foi Miguel Porto (Lynalfa Ponteareas), con triunfo sub-23 de David Fernández (Avanza - O Porriño).
En canto á carreira feminina Carla Fernández (QuéBici-Marcisport) sumou o título galego de XCO ao conseguido nas modalidades de estrada e ciclocrós. Foi unha proba máis apertada, con só 20 segundos de diferenza sobre Raquel Román (Bici Verde). Terceira foi Rebeca Fontela (Máis Que Bicis).
Destacados foron os tempos tamén da júnior Lorena Patiño (XSM), que non deu opcións a Aroa Otero (Supermercados Froiz) e Marta Estévez (XSM).
Outros campións galegos foron Iris Santana (cadete), Paula Fernández (infantil), Guillermo García (infantil), Lucas Lozano (cadete), Alejandro García (júnior), Antonio Rodríguez (máster 50), Manuel Ángel Parada (máster 30), Constantino Muñoz (máster 40) e Manuel Bugallo (máster 60).