Yago Iglesias pide un Pontevedra "de corazón caliente y cabeza fría" para voltear a eliminatoria contra o Betis
Por Diego Espiño
A folla de ruta para lograr o ascenso a Primeira RFEF está clara. Así o asegura Yago Iglesias afirmando que "tenemos claro lo que tenemos que hacer" para remontar a eliminatoria fronte ao Betis Deportivo nun Estadio de Pasarón que se vestirá de gala para a ocasión (domingo 2, 18.00 horas).
"Queremos que el equipo sea de corazón caliente y de cabeza fría", sinala sobre un Pontevedra que quere que xogue "con ritmo e intensidad", pero pensando que "no tenemos que levantar un 2-0 o un 3-0, sólo ganar" para lograr o ascenso.
"Ganar, ese es el planteamiento. Tener también un poco como espejo esa segunda parte en el Villamarín", analiza Iglesias sobre o que espera para o choque decisivo do play-off, no que "creo que nos vamos a encontrar a un Betis valiente"
Ao lado dos granates estará unha afección que apunta ao cheo en Pasarón, e é que "estoy convencido que este domingo vamos a ganar desde la grada, el primer paso lo vamos a dar desde ahí", afirma Yago. Por iso mesmo será importante "entrar en el partido muy bien para que la gente nos ayude, esté enchufada".
O adestrador granate ten a todos os seus homes dispoñibles para a final a excepción do case inédito Azael García, lesionado, mentres que o Betis Deportivo chegará a Pontevedra sen Mawuli no centro do campo (confirmouse que sofre unha rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo) pero cos reforzos do defensor Visus e o atacante Assane Diao, que na ida non foron da partida por estar co primeiro equipo bético.
Relacionadas:
-
Unha previa granate á altura da final polo ascenso
Por Mosrey Fotografía |
-
O Pontevedra pecha a venda anticipada de entradas nas súas oficinas con máis 80% do aforo ocupado
Por Diego Espiño |
-
Arzu e o plan do Betis para Pasarón: "Mejorar esos aspectos que nos hicieron meternos en nuestro propio campo"
Por Diego Espiño |
-
Temor á invasión de céspede en Pasarón no caso de ascenso
Por Diego Espiño |
-
Tres vitorias e tres empates, balance do Pontevedra co árbitro da final polo ascenso a Primeira RFEF
Por Diego Espiño |