Pasarón apunta contra o Deportivo Aragón, como mínimo, á segunda mellor entrada da tempada
Por Diego Espiño
Conforme se vai achegando o partido de volta da primeira elimimatoria do play-off de ascenso entre Pontevedra Club de Fútbol e Deportivo Aragón, a expectación vai crecendo na Boa Vila.
A entidade granate confirmou que pechou o xoves tendo despachado más de 1.100 entradas anticipadas para o partido.
A 3 días do encontro máis importante da tempada, superadas as 1.100 entradas en venda anticipada
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) May 16, 2024
Pontevedra, a cidade está contigo‼️#PontevedraDeportivoAragon #PontevedraNuncaSeRinde pic.twitter.com/u27c4cdQSl
Esta cifra únese ás 1.400 localidades repartidas en colexios da cidade e a comarca e a 200 entradas máis compradas por un patrocinador para afeccionados menores de 25 anos (para a chamada Bancada Granate).
Todo iso, xunto aos abonados dos que dispón o Pontevedra, garanten que como mínimo o Estadio Municipal de Pasarón poida rexistrar a segunda mellor entrada da tempada.
A cifra de asistencia lograda fronte ao Ourense CF (7.772 espectadores) é o teito do curso. Difícil chegar a el, pero non así a superar á media de algo máis de 2.600 espectadores coa que se pechou a fase regular da competición ligueira.
A cifra de entradas despachadas en venda anticipada pode aínda crecer de maneira presencial durante a mañá do sábado (10.00 a 13.00 horas) nas oficinas do estadio e na venda en liña, que permanecerá activa ata a hora do choque podendo acollerse á promoción habilitada para os abonados, que poden retirar ata dúas localidades a metade de prezo.
O propio domingo ademais o despacho de billetes de Pasarón abrirá dúas horas antes do partido, ás 16.00 horas.
PANCARTAS DE APOIO EN VARIOS PUNTOS DA CIDADE
Xunto ás medidas para aumentar a asistencia de afeccionados a Pasarón, o Pontevedra Club de Fútbol quixo elevar un pouco máis o ambiente de fase de ascenso colocando varias pancartas de apoio cara ao equipo granate.
Estas pancartas, con lemas como 'Pontevedra nunca se rende', decoran estes días as pontes do Burgo, Santiago e Tirantes, ademais da pasarela peonil que cruza a Avenida de Compostela, xunto ao coliseo granate.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, tras o triunfo ante o Deporivo Aragón: "Foi un partido completo de todo o equipo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada épica do Pontevedra para seguir soñando co ascenso (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Unha designación arbitral de bo precedente para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias e a volta contra o Deportivo Aragón: "Isto é Pasarón e esperemos que se faga notar"
Por Diego Espiño |