Unha designación arbitral de bo precedente para o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Comité Técnico de Árbitros (CTA) da Real Federación Española de Fútbol fixo públicas este xoves as designacións para os encontros de volta da primeira elminatoria do play-off de ascenso a Primeira RFEF, e con elas a relativa ao choque do próximo domingo entre Pontevedra e Deportivo Aragón no Estadio Municipal de Pasarón.
O encargado de dirixir o duelo será o cántabro Francisco Crespo Puente, auxiliado nas bandas por Jaime Campelo Núñez e Borja Mata Sangiao.
A actual é a terceira tempada de Crespo Puente na Segunda RFEF, categoría na que arbitrou un total de 39 partidos.
En tres deses encontros o cántabro, de 33 anos, cruzouse co Pontevedra Club de Fútbol e cunha estatística favorable aos granates, xa que gañaron os tres choques.
En concreto o primeiro destes choques foi na sexta xornada de liga da campaña 21-22 en Luanco, un duelo ante o Marino que acabou 0-3 favorable aos da Boa Vila. Esta mesma campaña dirixiu ademais o duelo fronte ao Móstoles en Pasarón (4-1), mentres que no curso actual foi o árbitro do partido entre Pontevedra e Avilés, tamén en Pasarón (2-0), o pasado 10 de marzo.
Será a primeira vez que Crespo Puente arbitre un partido do Deportivo Aragón.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, tras o triunfo ante o Deporivo Aragón: "Foi un partido completo de todo o equipo"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Remontada épica do Pontevedra para seguir soñando co ascenso (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pasarón apunta contra o Deportivo Aragón, como mínimo, á segunda mellor entrada da tempada
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias e a volta contra o Deportivo Aragón: "Isto é Pasarón e esperemos que se faga notar"
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino dá a súa receita para a remontada: "Sabemos que só nos vale gañar, temos que ser un equipo moi agresivo"
Por Diego Espiño |