Jessica Bouzas xa é virtual Top100 a pesar da derrota na final do Open de Zaragoza
Por Almu Dapena
A vilagarciá Jéssica Bouzas acariñou este domingo o seu cuarto título do ano no Open de Zaragoza, onde caeu fronte á xaponesa Moyuka Uchijima por 6-1 e 6-2.
Pese ao resultado na final, Bouzas realizou un torneo practicamente perfecto sen ceder nin un só set, con todo non puido poñer a guinda a unha semana na que logrou meterse no Top 100 do tenis feminino mundial.
A galega foi fiel ao seu estilo, pero Uchijima impúxose co seu potente primeiro saque e o seu xogo ofensivo para deixar sen opcións a Bouzas, que se viu superada en todo momento e cedeu un 6-1 no primeiro set en tan só 24 minutos de xogo. A final resolveuse en apenas unha hora.
A partir deste luns, Jessica Bouzas aparecerá por primeira vez no Top 100 do ranking WTA, concretamente no posto 90. A vilagarciá sobe desta forma 12 chanzos repecto ao posto 102 que ocupaba ata esta semana e que era a súa mellor posición na lista e queda a 28 puntos do corte actual pola clasificación para os Xogos Olímpicos de Paris 2024.
Relacionadas:
-
A Top-10 Ostapenko acaba coa aventura de Jéssica Bouzas no WTA 1.000 de Madrid
Por Diego Espiño |
-
Remontada de Jéssica Bouzas fronte a Paula Badosa para avanzar a segunda rolda do WTA 1.000 de Madrid
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas, á fase final do WTA 1.000 de Madrid tras vencer á estadounidense Vickery
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas avanza na previa do WTA 1.000 de Madrid
Por Redacción |
-
Roland Garros, no horizonte de Jéssica Bouzas como nova Top-100
Por Diego Espiño |
-
Os Xogos Olímpicos de París, un soño difícil pero aínda posible para Jéssica Bouzas
Por Diego Espiño |
-
O seu triunfo en Turquía impulsa a Jéssica Bouzas ao posto 104 do ranking mundial
Por Diego Espiño |