Agarrados aos goles de Charly López
Por Diego Espiño
Se hai un xogador que vive un bo momento actualmente no Pontevedra Club de Fútbol ese é Charly López, a cuxo rendemento se agarran os granates para seguir sumando puntos e aguantar no liderado.
Co seu gol no feudo do Rayo Cantabria, o atacante do equipo pontevedrés encadea sete xornadas consecutivas marcando, superando a cifra lograda por Charles Dias hai dúas campañas, cando anotou seis partidos seguidos.
Co seu gran rendemento Charly derrubou por méritos propios as portas da titularidade, relegando á suplencia a un Rufo que segue a ser o pichichi do grupo con 16 tantos. Pero é que o '21' do Pontevedra colocouse xa con 10 goles e como quinto máximo artilleiro da competición empatado con homes como Manu Barreiro (Compostela), Davo (Coruxo), Santamaría (Rayo Cantabria) e Ariel Herrero (CD Covadonga).
Con todo hai un dato no que o xogador granate golea ao resto, e é que para chegar á decena de tantos necesitou moitos menos minutos que os demais. De feito Charly é o futbolista con mellor coeficiente das principais categorías (0.97) ao sumar un gol cada 92 minutos sobre o terreo de xogo.
Ademais nesta boa serie foi o encargado de 'abrir a lata' co primeiro gol do seu equipo contra o Coruxo, Oviedo Vetusta, Real Avilés e Rayo Cantabria, xunto ao tanto logrado en derrótaa fronte ao Zamora (1-3), ao que suma o gol do triunfo no complicado campo do Guijuelo (1-2).
Unhas cifras que realmente impresionan e que o dianteiro tentará prolongar a próxima xornada na visita do Marino de Luanco ao Estadio Municipal de Pasarón, un equipo ao que por certo marcoulle tres goles a pasada tempada, un deles na primeira volta co Bergantiños e dous máis na segunda metade do campionato nas filas do Zamora.
GARAY, APERCIBIDO DE SANCIÓN
Un aspecto para ter en conta no tramo final e decisivo da liga serán as sancións. Neste aspecto, tras cumprir Churre castigo na úlñtima xornada, dous futbolistas granates están actualmente apercibidos, a unha cartolina de cumprir ciclo.
Trátase do capitán Álex González e de Benjamín Garay, que viu ante o Rayo Cantabria a súa cuarta tarxeta da tempada.
Relacionadas:
-
Moitas ocasións e poucos goles ante o Marino dun Pontevedra que xa é líder en solitario (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra prepárase para recibir un Marino de Luanco "difícil de bater"
Por Diego Espiño |
-
Churre: "Se queremos quedar campións non pode escapar ningún punto de aquí"
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro, baixa ante o Marino ao ser convocado pola selección de Santo Tomé e Príncipe
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias ve positivo o empate conseguido en Cantabria: "Moi poucos rivais sacaron os tres puntos deste campo"
Por Redacción |
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra ante o Rayo Cantabria (2-2)
Por Almu Dapena |