O Pontevedra, a por un dos ascensos máis caros desde que existe a Segunda RFEF
Por Diego Espiño
A pelexa polo ascenso directo no Grupo I da Segunda RFEF, co Pontevedra Club de Fútbol como un dos aspirantes para conseguilo, vai camiño de converterse nunha das máis esixentes nas tres tempadas disputadas desde a formación da nova categoría en substitución da Segunda División B.
Despois de 26 xornadas os granates son líderes con 55 puntos, unha cifra rechamante xa que son oito máis dos que tiña á mesma altura de campionato no curso 21/22 no que acabou ascendendo, aínda que por aquel entón era segundo detrás dun Unión Adarve que atesouraba 53 puntos. Con todo e pese ao alto ritmo de puntuación dos de Yago Iglesias, dous equipos máis manteñen o tipo e prometen levar a loita ata o final, como son o Ourense CF (53 puntos) e o Zamora CF (50 puntos).
Con oito xornadas por disputarse aínda e 24 puntos en xogo, ata onde será necesario chegar para facerse co primeiro posto? É unha das preguntas que todo o mundo faise no club pontevedrés, tamén nun plantel que como recoñeceu este mércores Mario Gómez cre que "Ourense e Zamora van deixar poucos puntos", o que obrigará a estar moi fino na recta final do campionato.
De ser así o ascenso este ano sería un dos máis caros desde que existe a Segunda RFEF, cunha fase regular de 18 equipos e 34 xornadas.
A modo de comparativa, o Pontevedra logrou o primeiro posto na tempada 21/22 con 65 puntos, con 4 puntos de vantaxe sobre o Adarve, mentres que a pasada capaña o Arenteiro ascendeu con 73 puntos, aínda que sen un rival que lle apertase ata o extremo xa que o segundo finalizou con 14 puntos menos.
O récord de puntuación de Segunda RFEF teno o Córdoba da liga 21/22, que logrou 82 puntos no Grupo IV con 20 de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor. Esa campaña deuse ademais o ascenso máis alto e apertado co Osasuna Promesas, que subiu con 72 puntos pero co Sestao acabando con 70.
A pasada liga 22/23 o propio Sestao River ascendeu con 72 puntos (con +13 sobre o segundo) e o Antequera logrouno con 73 puntos (+10 sobre o segundo).
No que respecta agora ao Pontevedra Club de Fútbol de gañar as oito xornadas que restan dispararíase ata os 79 puntos. Moi difícil será lograr o pleno, pero cantos puntos poderanse deixar os de Yago Iglesias polo camiño? Dependerá do rendemento dos seus dous rivais ante un calendario que aínda esconde trampas aos tres candidatos.
Relacionadas:
-
Moitas ocasións e poucos goles ante o Marino dun Pontevedra que xa é líder en solitario (2-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Empate con sabor a derrota do Pontevedra ante o Rayo Cantabria (2-2)
Por Almu Dapena |
-
Nace unha asociación cultural e deportiva de ex xogadores granates
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Con Samu Mayo "ao 100%" para visitar o Rayo Cantabria
Por Diego Espiño |
-
Mario Gómez: "Creo que Ourense e Zamora van deixar poucos puntos"
Por Diego Espiño |
-
Cadeado á portería do Pontevedra seis xornadas despois
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, sobre o triunfo ante o Avilés: "Doulle moito mérito ao meu equipo"
Por Redacción |
-
Golpe encima da mesa do Pontevedra contra o Avilés e recuperación do liderado (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |