O auxe das mulleres no fútbol, un movemento imparable
Por Redacción
O crecemento do fútbol feminino e a maior presenza da muller no mundo do fútbol é un movemento imparable, e así o demostraron este martes varias mulleres destacadas do deporte local nunha charla organizada polo Salgueiriños CF na Casa das Campás.
O club de base pontevedrés é unha das dúas únicas entidades da Boa Vila que esta tempada conta con equipos de fútbol integramente femininos, xunto á SCD Salcedo.
Por ese motivo, entre outros, quixo profundar e debater sobre o papel da muller no fútbol e fútbol sala desde diferentes visións.
Moderada pola xornalista Lara Sáez, na charla participaron a vicepresidenta do propio Salgueiriños, Lina Garrido; a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo; as colexiadas Iris Romero e Iria Rosendo; a adestradora Cris Oreiro (Viaxes Interrías); a capitá da Selección Española de Fútbol Praia, Andrea Mirón; e a capitá do Poio Pescamar, Irene García, ademais da concelleira de Deportes, Anabel Gulías.
Relacionadas:
-
O Salgueiriños confía no "efecto Teresa" para captar novas xogadoras para os seus equipos femininos
Por Alejandro Espiño |
-
A pontevedresa Iria Rosendo, no equipo arbitral para a final da Copa da Raíña
Por Redacción |
-
A SCD Salcedo homenaxeará cun torneo ás pioneiras do fútbol feminino pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
A Lama, Cerdedo-Cotobade e Fornelos, renovan o compromiso co Centro de Información á Muller por outros catro anos máis
Por Redacción |
-
O Salgueiriños estrea equipos femininos para a nova tempada
Por Redacción |
-
A falta de equipos, principal obstáculo do fútbol feminino pontevedrés
Por Diego Espiño |