Charly López, a unha xornada dunha marca con poucos precedentes na historia granate
Por Diego Espiño
Unha das mellores noticias as últimas semanas no Pontevedra Club de Fútbol, máis aló dos triunfos como o do domingo en Oviedo, foi a irrupción de Charly López, que gañou un oco no once inicial granate a base de goles.
Charly, a pesar dos poucos minutos de xogo, sumaba tres goles nas primeiras 20 xornadas do campionato, pero na 21, ante o Cayón, todo empezou a cambiar.
O dianteiro pechaba no minuto 90 a goleada (4-1), saíndo desde o banco, aínda que a indisposición sufrida por Rufo nese encontro abriulle a oportunidade de ser titular nun dos campos máis difíciles da liga, o do Guijuelo, unha semana despois. O futbolista galego aproveitouno marcando o gol que deu os tres puntos ao Pontevedra.
Unha semanas despois, de novo no once, sumaba dous tantos máis na remontada fronte ao Coruxo, o primeiro de penalti e o segundo coa colaboración dun defensor (a acta arbitral atribuíullo a el).
Contra o Zamora foi Rufo o que recuperou o seu sitio no equipo titular, pero o pichichi granate non atopou o camiño ao gol, e o único tanto pontevedrés achegouno o propio Charly na fase final do duelo para crer nunha remontada que non chegou finalmente.
Con todo ese novo gol, que era o quinto en catro partidos, convenceu o técnico de darlle de novo minutos desde o inicio en Oviedo, circunstancia que volveu aproveitar ao remachar a gol un disparo de Dalisson rexeitado polo porteiro no que era o momentáneo 0-1.
Charly encadeou desta maneira cinco xornadas consecutivas marcando, unha cifra pouco habitual. Tanto é así que segundo desvelou o tuitero @tintobarrantes en 2022 cando Charles encadeou seis xornadas vendo porta e volveu a compartir agora tanto nesa conta como en @datos PCF, apenas ten precedentes.
Charly leva 5 . https://t.co/TJP3SzWeUT
— Eu Son (@tintobarrantes_) March 3, 2024
Charles marcou seis partidos seguidos na campaña 21-22 (entre as xornadas 12 e 17), e tamén o fixo David Cabarcos na 00-01 aínda que sumando Liga e Copa do Rei. En cinco encontros consecutivos pola súa banda anotaron cos granates Yuri de Souza na Segunda B (curso 06-07), e tamén Plaza entre Liga e Copa a finais dos anos 70.
No que respecta a esta mesma tempada, hai que destacar que Rufo chegou a encandenar catro partidos consecutivos anotando, entre as xornadas 16 e 19.
Nesta situación Charly estará o vindeiro domingo en Pasarón fronte ao Avilés en disposición de igualar un rexistro do actual secretario técnico do club. De momento a súa boa serie fíxolle xa igualar a Yelko como segundo máximo artilleiro do equipo (8 goles), aínda que coa mellor media de todos ao sumar un gol cada 98 minutos sobre o verde.
Relacionadas:
-
Golpe encima da mesa do Pontevedra contra o Avilés e recuperación do liderado (2-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Manuel Sánchez Murias, adestrador do Avilés: "Podemos competir ante calquera rival e queremos demostralo"
Por Diego Espiño |
-
Pendentes do clima e do Avilés para un partido "dunha esixencia enorme" en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Real Avilés, a visita dun rival incómodo pero coa remontada de 2022 na memoria
Por Diego Espiño |
-
Samu Mayo pon o foco en "estar fortes defensivamente" para tentar asaltar o liderado
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras o encontro en Oviedo: "Quedan nove xornadas, era fundamental volver á senda da vitoria"
Por Redacción |
-
A mala sorte do Oviedo Vetusta, aliada do Pontevedra (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Dez xornadas de infarto para decidir o ascenso: este é o camiño de Pontevedra, Ourense e Zamora
Por Diego Espiño |
-
Charly rendibiliza os seus minutos con goles
Por Diego Espiño |