Charly rendibiliza os seus minutos con goles
Por Diego Espiño
A baixa inesperada de Rufo, tras o susto pola súa indisposción no duelo fronte ao Cayón, abriu as portas da titularidade no Pontevedra Club de Fútbol a un home que estaba chamado a ser peza importante no equipo pero que se viu eclipsado polo rendemento do seu compañeiro de dianteira.
Falamos de Charly López, futbolista que aterrou esta campaña en Pasarón como un dos máximos goleadores do pasado curso en Segunda RFEF (15 goles).
Nas primeiras 21 xornadas do campionato Charly só fora titular en tres delas ao principio de liga, pero non volvera a partir desde o inicio desde a cuarta xornada, aínda que sempre participando desde o banco ao ser un recurso habitual de Yago Iglesias para refrescar o equipo cos partidos empezados.
Ata o día contra o Cayón en Pasarón o atacante sumaba 540 minutos nos que anotara tres tantos, cunha notable media dun gol cada 180 minutos.
Sen Rufo, Charly foi titular en Guijuelo aportanto o gol do decisivo 1-2 que deu os tres puntos, polo que o técnico apostou ante o Coruxo por darlle continuidade a pesar de a rcuperación do '9', e outra vez a aposta saíu ben.
Charly anotou de penalti o empate e tamén o 2-1 (o árbitro adxudicoullo a el tras rematar e un defensor introducir finalmente o balón na súa propia portería). Tres goles en dous partidos (seis en total esta tempada) que dispararon a súa efectividade baixando a súa media a un tanto cada 112 minutos.
Dúas titularidades ben aproveitadas que lle poñen as cousas difíciles a Yago Iglesias á hora de elixir aos once titulares, un 'bendito problema' para calquera adestrador.
En canto ao futbolista, mantén un discurso humilde e priorizando o grupo porque "unha veces participas máis, outras menos. Somos moitos xogadores no plantel, todos teñen moito nivel e costa xogar", sinalou na rolda de prensa postpartido en Pasarón, aínda que contento porque "tento aproveitar as oportunidades".
Relacionadas:
-
Charly López, a unha xornada dunha marca con poucos precedentes na historia granate
Por Diego Espiño |
-
Paso atrás do Pontevedra, que perde o liderado ante o Zamora (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
David Movilla, adestrador do Zamora: "Manter o ritmo do Pontevedra é complicado, pero ata o de agora estámolo conseguindo"
Por Redacción |
-
Yago Iglesias resta dramatismo ao Pontevedra-Zamora: "Despois disto quedan 10 partidos, 30 puntos, non é definitivo"
Por Diego Espiño |
-
Organizan unha 'xuntanza granate' para ambientar as horas previas do Pontevedra-Zamora
Por Redacción |
-
Dalisson e o partido ante o Zamora en Pasarón: "Creo que o factor campo vai axudar moitísimo"
Por Diego Espiño |
-
Marcos Barbeiro e Azael García, de asomar a cabeza no Pontevedra a caer no esquecemento
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra das goleadas... e as remontadas
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias: "Sen ser dominadores fomos moi eficaces"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra tira de efectividade para remontar ante o Coruxo e seguir líder (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |